SOLANGE ET LES VIVANTS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: SOLANGE ET LES VIVANTS
Ano: 2016
País: Francia
Duración: 67′
Dirección: Ina Mihalache
Guión: Ina Mihalache
Reparto: Ina Mihalache, Pierre Siankowski, Francis Van Litsenborgh, Christian Henrard, Charline Vanhoenacker
Música: David “Tahiti Boy” Sztanke

Fotografía: Nils Ruinet
Montaxe: Olivier Brunet
Produción: SILEX FILMS
Distribución: Ana Perromat
Web: http://www.widemanagement.com
Contacto: Ana Perromat festivals@widemanagement.com

SOLANGE ET LES VIVANTS

SOLANGE E OS VIVOS
31.10 | 22:15 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
01.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

Solange habitou o sinuoso territorio de Youtube durante moito tempo, armándose coma un golem luminoso a forza de inventar as súas partes vídeo a vídeo. Dicionarios que lle daban un léxico a medida, decálogos das súas preferencias: Solange foi cobrando forma humana a cada paso, creando o seu mundo cunha cámara web e millóns de clics do outro lado. Ese universo, na súa expansión, mutou en película, afastándose dos prexuízos que ás veces trae a tradición e facendo uso da liberdade formal xa conquistada. Nesta transición ao cinema, as portas da súa casa ábrense para que entre unha sucesión de personaxes tan impredicibles coma ela, nunha danza delirante, completando o seu retrato autobiográfico.

Magdalena Arau, programadora de BAFICI