MATTRESS MEN

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: MATTRESS MEN 
Ano: 2016
País: Irlanda
Duración: 80′
Dirección: Colm Quinn
Guión: Colm Quinn
Reparto: Paul Kelly, Michael Flynn, Brian Taylor
Música: Michael Fleming
Montaxe: 
John Murphy
Produción: Dave Clarke (El Zorrero Films)
Distribución: Taskovski Films
Web: http://www.taskovskifilms.com
Contacto: Michaela Cajkova festivals@taskovskifilms.com

MATTRESS MEN

HOMES COLCHÓN
01.11 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE *
02.11 | 20:00 | CINECLUBE PADRE FEIJOO

* Asiste Colm Quinn (director)

Disque o enxeño agudízase nos momentos máis desesperados. Cando se ten a auga ao pescozo, cómpre reinventarse ou morrer, e iso é precisamente o que tentan facer os personaxes de Mattress Men, Mick e Paul, nos momentos máis crus da crise económica: sacar adiante un negocio de colchóns en Irlanda realizando psicotrónicos vídeos virais para Internet. Detrás desas imaxes bizarras atopamos uns seres fráxiles que o único que queren é loitar para saír adiante, ao tempo que a cámara de Colm Quinn nos achega ás súas traxedias persoais, ao súa frustrante cotianidade, convertendo a xocosa premisa inicial nun doloroso e conmovedor achegamento ás miserias humanas.

Beatriz Martínez, crítica de Fotogramas