EL CHARRO DE TOLUQUILLA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: EL CHARRO DE TOLUQUILLA
Ano: 2016
País: México
Duración: 90′
Dirección: José Villalobos Romero
Guión: José Villalobos Romero
Reparto: Agustín Jaime García Domínguez, Analía García Hernández, Rocío Hernández, La Paloma, Andrea Domínguez, Ventura García
Música: Andrés Sánchez, Gus Reyes
Montaxe: Jose Villalobos Romero, Paloma López, Javier Campos

Produción: Jose Villalobos Romero, Claudia Méndez, Sergio Morkin
Distribución: TASKOVSKI FILMS
Web: http://www.taskovskifilms.com
Contacto: sales@taskovskifilms.com

EL CHARRO DE TOLUQUILLA

O CHARRO DE TOLUQUILLA
03.11 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
04.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
04.11 | 17:30 | CENTRO PENITENCIARIO DE PEREIRO DE AGUIAR

Jaime García é un lingoreteiro. Tamén é un enredante. Gústalle ser o centro de atención. Por iso é unha estrela, talvez unha anana marrón, da constelación mariachi. Nas súas cancións repasa empreado en alta gradación a súa atribulada vida de Don Juan con chapeu charro. Son actuacións nas estradas secundarias do circuíto musical de México. Pero el vive estes directos coma se fosen no Madison Square Garden. Porque todo o que rodea ao Charro de Toluquilla é verdade, aínda que sexa mentira. As súas bravatas, as súas brincadeiras, a súa vida de bohemia. José Villalobos decatouse de que era un personaxe perfecto para un documental. Aínda que tamén para unha comedia, claro: os pousados dacabalo á noitiña, a visita á fisioterapeuta ou o episodio cos helicópteros policiais son sketches dunha comicidade suprema.

Joan Pons, guionista e crítico de cinema