IN THE LAST DAYS OF THE CITY

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: IN THE LAST DAYS OF THE CITY
Ano: 2016
País: Exipto, Alemaña, Reino Unido
Duración: 118′
Dirección: Tamer El Said
Guión: Tamer El Said, Rasha Salti
Música: Amélie Legrand, Victor Moïse

Reparto: Khalid Abdalla, Laila Samy, Hanan Youssef, Maryam Saleh, Hayder Helo, Basim Hajar, Bassem Fayad, Ali Sobhi, Islam Kamal, Mohamed Gaber
Fotografía: Bassem Fayad
Montaxe: Mohamed Abdel Gawad, Vartan Avakian, Barbara Bossuet
Produción: Tamer El Said – Khalid Abdalla
Distribución: Still Moving (Pierre Menahem)
Web: http://stillmoving.fr
Contacto: pmenahem@stillmoving.fr

IN THE LAST DAYS OF THE CITY

NOS ÚLTIMOS DÍAS DA CIDADE
03.11 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *
04.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

Asiste Tamer El Said (director)

Imposible desbravar unha cidade (e máis se é mediterránea ou unha latina) para que ofreza unha cor determinada. Sempre que se pon en xogo unha gran urbe en mutación histórica contra o rigor do documentalista de quenda que se apresura a rexistrala con urxencia para salvar ese devandito ambiente “que desaparece”, perde o ton de réquiem e o crepuscular en detrimento dunha pracenteira luxuria formal que parece unha colaxe. Nestas obras agroma fértil calquera elemento que se engada durante a montaxe e non importa a orde na que se coloquen os elementos, se na moviola se segue o ditado do ruído da cidade. Aí a música ábrese camiño. Pensemos en Bolaño e en México DF cos seus detectives salvaxes, ou en Gonzalo García Pelayo e Vivir en Sevilla. A primeira longametraxe de Tamer El Said é unha impresionante e inmatura obra mestra desa estirpe (tamén evoca os retratos de Xerusalén de Uri Zohar). O cineasta pretende rexistrar o final do réxime de Hosni Mubarak, mais a morte traizóao porque a vida continúa e entón dá a impresión de que O Cairo sempre foi e será o mellor lugar do mundo para nacer e medrar pola súa constante adolescencia.

Álvaro Arroba, programador e crítico cinematográfico