LA NOCHE

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LA NOCHE
Ano: 2016
País: Arxentina
Duración: 135′
Dirección: Edgardo Castro
Guión: Edgardo Castro
Reparto: Dolores Guadalupe Olivares, Edgardo Castro, Federico Figari, Paula Ituriza, Willy Prociuk, Luis Leiva
Fotografía: Soledad Rodríguez
Montaxe: Miguel de Zuviría
Produción: Florencia de Mugica, Edgardo Castro, Agustín Torre
Web: bombacine.flavors.me
Contacto: Nathan Fischer nathan@stray-dogs.com ; Florencia de Mugica flordemugica@gmail.com

LA NOCHE

A NOITE
30.10 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
31.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

Extraordinaria no senso estrito do termo, La noche exhibe unha frialdade clínica e a secreta convicción de que o cinema é o instrumento do irrepetible. O director percorre a noite para protagonizar un maratón interminable de encontros sexuais, inxesta de drogas, alcol e amizades casuais, e así atopar a diferenza no fluxo incesante dunha rutina que funciona como refutación e esconxuro da vida ordinaria. As imaxes de Castro ostentan un halo de verdade e beleza insospeitada que asaltan o espectador cunha forza que a maior parte do cinema existente deixa de lado, seica por pudor ou por simple falta de coraxe. A cámara pegada ao corpo, o fóra de foco e o son ambiente forxan unha viaxe impía cuxo destino podería ser o encontro fugaz coas propias pantasmas, sen epifanías nin comentario moral algún.

David Obarrio, programador de BAFICI

* Esta película inclúe linguaxe para adultos, explícita ou sexualmente suxestiva. Pode non ser apropiada para todos os espectadores.