MARÍA (Y LOS DEMÁS)

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: MARÍA (Y LOS DEMÁS)
Ano: 2016
País: España
Duración: 90′
Dirección: Nely Reguera
Guión: Nely Reguera,Valentina Viso, Eduard Solà, Roger Sogues, Diego Ameixeiras
Música: Nico Casal
Reparto: Bárbara Lennie, José Ángel Egido, Pablo Derqui, Vito Sanz, Julián Villagrán, María Vázquez
Fotografía: Aitor Echevarría
Montaxe: Aina Calleja
Produción: Frida Films, Avalon PC, Promo Allanda
Web: www.mariaylosdemaslapelicula.com

 

MARÍA (Y LOS DEMÁS)

MARÍA (E OS DEMAIS)
29.10 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

*Asisten Sergio Frade (produtor executivo) e Luisa Romeo (produtora)

Desde que morreu a súa nai cando ela tiña 15 anos, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora, séntese orgullosa de ter sido sempre o alicerce da familia. Por iso, cando o seu pai namora repentinamente da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se desmorona. Con 35 anos e sen noivo á vista, deberá atreverse a cambiar o seu destino.