VERENGO

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: VERENGO
Ano: 2015
País: España
Duración: 61′
Dirección: Víctor Hugo Seoane
Guión: Víctor Hugo Seoane
Reparto: Avelino Seoane, Josefa Eiró
Fotografía: Víctor Hugo Seoane
Montaxe: Víctor Hugo Seoane
Produción: Grupo de Creación Vaivén, Esnatu Zinema
Distribución: Avalon
Web:
verengofilme.wordpress.com

VERENGO

02.11 | 20:00 |CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

* Asiste Víctor Hugo Seoane (director)

Unha gravación familiar de hai case 25 anos. Nela, un neno insiste ao seu pai para que lle deixe coller a cámara. Cando medra, ese neno aproveita para tomar a cámara e volver a Parada de Sil, o lugar dos feitos. Así recolle un paradoxo: cal é o efecto do paso dos anos nun lugar no que o tempo semella detido, no mesmo corazón do verdor rural. O ciclo da vida visto polo seu protagonista e espectador.