OPERATION AVALANCHE

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: OPERATION AVALANCHE
Ano: 2016
País: Estados Unidos, Canadá
Duración: 94′
Dirección: Matt Johnson
Guión: Matt Johnson, Josh Boles
Música: Jay McCarrol
Reparto: Matt Johnson, Owen Williams, Josh Boles, Ray James
Fotografía: Andrew Appelle, Jared Raab
Montaxe: Curt Lobb
Produción: Zapruder Films, Resolute Films
Distribución: Avalon
Web:
www.avalon.me

 

OPERATION AVALANCHE

OPERACIÓN AVALANCHA
01.11 | 17:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

1967, en pleno apoxeo da Guerra Fría. A CIA sospeita que hai un espía ruso dentro da NASA, sabotando o programa Apolo. Envían dous axentes de infiltrados, que se fan pasar por directores dun documental sobre a carreira espacial da NASA. A verdadeira misión: utilizar o seu acceso e a tecnoloxía para dar caza ao ruso. Pero o que descobren é moito máis impactante que uns espías soviéticos… O seu goberno parece estar a ocultar un segredo sobre o Apolo que podería marcar a década. Nada deterá á Casa Branca á hora de silenciar a calquera persoa que o descubra.