LAS CALLES

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LAS CALLES
Ano: 2016
País: Arxentina
Duración: 81′
Dirección: María Aparicio
Guión: Nicolás Abello, María Aparicio
Reparto: Eva Bianco, Mara Santucho, Gabriel Pérez
Música: Fernando Uñate
Fotografía: César Aparicio, Santiago Sgarlatta

Montaxe: Martín Sappia
Produción: Natalia Gamarro
Distribución: VIENTOSUR FILMS
Web: http://www.lascallespelicula.com/
Contacto: vientosurfilms@gmail.com

LAS CALLES

AS RÚAS
31.10 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *
01.11 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL *
02.11 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO * (Entrada libre ata completar aforo)

* Asiste María Aparicio (directora)

Ópera prima dunha moza de 23 anos. Inqueda e curiosa, observa con nervio a realidade que a rodea, pero o fondo e o discurso revelan unha madurez sorprendente, interesada pola historia e consciente da imposibilidade do seu relato verdadeiro. Un punto remoto da Patagonia, salvaxe e ventoso, orfo dunha historia oficial. Lugar en construción, de arquitectura provisional, habitado por forasteiros. Na escola local, un grupo de alumnos e a súa mestra poñen en marcha un proxecto para coñecer a historia dos primeiros poboadores e nomear as rúas. Así, van entrevistando un a un aos seus veciños maiores, de forma que o testemuño documental vai facendo aos poucos un filme que, en realidade, é pura representación.

Andrea Franco, crítica e programadora