LIGHT YEARS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LIGHT YEARS
Ano: 2015
País: Reino Unido
Duración: 90′
Dirección: Esther May Campbell
Guión: Esther May Campbell
Reparto: Sophie Burton, Zamira Fuller, James Stuckey, Beth Orton, Muhammet Uzuner, Mickey Morris, Ewan Cooke, Graeme Hogg, Mike Wright, Fouad Cilmi
Música: Eric Chenaux
Fotografía: Zac Nicholson,Will Pugh

Montaxe: Chris Barwell
Produción: Samm Haillay, Wendy Bevan-Mogg Duane Hopkins, Andrew McVicar
Distribución: THE MATCH FACTORY
Web: http://www.the-match-factory.de
Contacto: Michael Weber info@matchfactory.de

LIGHT YEARS

ANOS LUZ
29.10 | 22:15 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
30.10 | 17:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

Queda acó, por favor. Cóntame un soño. No que dura un día, e nun escenario atravesado por nubes de bolboretas e terreos pendentes de edificar, a pequena Rose decide visitar a nai, ingresada nun sanatorio para enfermos mentais. Arrastra na súa procura os seus irmáns: Ramona, ferida por unha adolescencia sen estrelas do pop, e o seu irmán Ewan, refuxiado en terra de ninguén. Polo camiño crúzanse universos oníricos, microscópicos, que poñen ao descuberto a fraxilidade da nudez humana e delatan a tenrura do pai, exiliado no microcosmos das orquídeas pola dor da ausencia. A familia moderna é unha célula que navega nun proceloso soño de constelacións.

Iñaki Novoa Bastida, Cineclube Padre Feijoo