LILITH’S AWAKENING

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LILITH’S AWAKENING
Ano: 2016
País: Estados Unidos, Brasil
Duración: 81′
Dirección: Monica Demes
Guión: Monica Demes
Reparto:  Sophia Woodward, Barbara Eugenia, Steve Kennevan
Música: David Feldman

Produción: Monica Demes
Distribución: Monica Demes
Web: http://www.lilithsawakening.com/
Contacto: Monica Demes ganeshafilmes@gmail.com

LILITH’S AWAKENING

O ESPERTAR DE LILITH
31.10 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE *
01.11 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

Asiste Monica Demes (directora)

Lilith está atrapada nunha pintura pop americana. Unha gasolineira no estado de Iowa rexentada polo seu pai e un marido absorbente son o seu día a día. En soños, ansía escapar cara aunha película de terror alemán onde o claroscuro depure o fastío da súa rutina. O traxecto que une estas dúas realidades son os bosques e estradas que filma Monica Demes como encadres e fotogramas icónicos de toda unha historia do cinema na que o mal ou o ben, segundo se mire, agóchase alén dos salvaxes, os homes. Coa chegada dunha estraña á comunidade, Lilith terá que escoller as súas cores e empoderarse: o vermello do sangue e o negro da noite para renacer a unha nova vida.

Blanca Margoz, crítica de cinema