ULTIMAS CONVERSAS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: ULTIMAS CONVERSAS
Ano: 2015
País: Brasil
Duración: 85′
Dirección: Eduardo Coutinho
Fotografía: Jacques Cheuiche
Montaxe: Jordana Berg
Produción: João Moreira Salles
Distribución: VIDEOFILMES PRODUÇÕES ARTISTICAS LTDA
Contacto: Fernanda Carnevale Tavares fernanda@videofilmes.com.br

ULTIMAS CONVERSAS

ÚLTIMAS CONVERSAS
30.10 | 22:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
01.11 | 22:15 | TEATRO PRINCIPAL

Moito máis que unha escolma de entrevistas ao uso con adolescentes, en Ultimas conversas Eduardo Coutinho establece con todos e cada un dos protagonistas unha charla onde se expresan en toda esa fraxilidade e determinación vital propia dos 17 anos. O documental desprende unha autenticidade e unha frescura insólitas na era da sobreexposición íntima, pero dúas circunstancias recárgano de sentido. A terrible morte do director antes de finalizar a montaxe outorga unha dimensión arrepiante ao prólogo e ás súas intervencións ao longo da metraxe. E o recente golpe de estado en Brasil subliña a lectura do filme coma documento sobre as discriminacións que aínda sofren os seus cidadáns por mor da raza, o sexo ou a condición social.

Eulàlia Iglesias, crítica de cinema