MANUEL VILARIÑO. SER LUZ

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: MANUEL VILARIÑO. SER LUZ
Ano: 2016
País: España
Duración: 70′
Dirección: José Manuel Mouriño
Guión: Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño
Reparto: Manuel Vilariño, Eugenio Linares, Friedrich Bramsteidl, Ricardo Isaac Lago Martínez, Alberto Peláez Torres, Antón Ramos, Grupo de Inv. Óptica Física (UVIGO), Grupo de Inv. Óptica Visual e Biofotónica (IO-CSIC)…
Música: Obras de Richard Wagner, Antonio Vivaldi e Benedetto Marcello (en interpretacións da Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia; de R. Michelucci, A. Cotogni e E. Altobelli -Cortesía de Universal Music Spain-; e do grupo OCNOS)
Produción: José Manuel Mouriño

MANUEL VILARIÑO. SER LUZ


01.11 | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL *
02.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

Asiste José Manuel Mouriño (director)

Comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, Tectónica, a exposición de Manuel Vilariño que o CGAC acolleu en 2015, indagaba no “universo creativo e poético” do artista, os materiais e as súas fontes de inspiración. Esa exposición é agora o punto de partida de Ser luz, un documental ensaístico que, en certo xeito, a prolonga, propóndonos sutís relacións entre o traballo do fotógrafo e os dun ferreiro, un fareiro, un astrónomo ou un proxeccionista cinematográfico. O final do camiño non podía ser outro que José Ángel Valente, o poeta que, canda María Zambrano, máis pegada deixou na obra de Vilariño. Milagrosamente, ese traballo coa luz ou coas palabras adquire vida propia nas mans de José Manuel Mouriño; e tamén unha singular beleza.

Jaime Pena, crítico de cinema