HERMIA & HELENA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: HERMIA & HELENA
Ano: 2016
País: Arxentina, Estados Unidos
Duración: 86′
Dirección: Matías Piñeiro
Guión: Matías Piñeiro
Reparto: Agustina Muñoz, Maria Villar, Mati Diop, Julian Larquier, Keith Poulson, Dan Sallitt, Laura Paredes, Dustin Guy Defa, Gabi Saidon, Romina Paula, Pablo Sigal, Ana Cambre, Kyle Molzan, Ryan Miyake, Oscar Williams, Micah Gottlieb, Bingham Bryant, Ethan Spigland, Ji Park
Música: Scott Joplin, Ludwig van Beethoven
Montaxe: Sebastián Schjaer

Produción: Graham Swon, Melanie Schapiro, Andrew Adair, Jake Perlin
Distribución: TRAPECIO CINE
Web: http://trapeciocine.com.ar
Contacto: melanie@trapeciocine.com.ar

HERMIA & HELENA


29.10 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE *
30.10 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE  *

Asiste Matías Piñeiro (director)

A última entrega da serie shakesperiana de Matías Piñeiro afástase das súas anteriores homenaxes ao dramaturgo clásico. Hermia & Helena descobre un novo Piñeiro, posuído polo desexo de reinventarse. A súa sexta longametraxe foi filmada noutro territorio (Nova York), noutra lingua e coa colaboración de actores do cinema indie americano. Ademais, esta insólita reescritura d’O soño dunha noite de San Xoán está baseada en anécdotas da vida do cineasta en Estados Unidos. A protagonista –unha engaiolante Agustina Muñoz– ingresa nunha residencia artística de Nova York, onde experimenta unha revelación existencial que a empurra cara a novas aventuras, máis amorosas e persoais que artísticas.

Carlota Moseguí, crítica de cinema