TREBLINKA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: TREBLINKA
Ano: 2016
País: Portugal
Duración: 61′
Dirección: Sérgio Tréfaut
Guión: Sérgio Tréfaut
Música: Alfredo Costa Monteiro

Fotografía: João Ribeiro
Montaxe: Pedro Marques
Produción: Faux
Web: http://indielisboa.com
Contacto: Portugal Film – Portuguese Film Agency

TREBLINKA


29.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *
30.10 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *

Asiste Sérgio Tréfaut (director)

Guy Maddin vehiculou My Winnipeg, unha película entre o onírico e o recordo, a través dunha viaxe en tren polo frío Canadá. En Treblinka todo discorre sobre unha serie de vagóns que viaxan polo leste de Europa cuberto pola neve e onde distintos personaxes evocan o horror da experiencia vivida durante o Holocausto. O filme parece por momentos unha fantasía, con figuras que desprenden un halo, con paisaxes fantasmagóricas, con voces que retumban o off. “Parecería que todos os camiños levan a Auschwitz, a Dachau, a Treblinka”, di nun momento unha muller. E sobre a lembranza dun pasado que non debe repetirse instálase a sombra furiosa dun presente cruel.

Violeta Kovacsis, crítica de cinema